O Artesán
Manels
Manels Percusión fundouse en Sta. Cruz de Montaos (Ordes) A Coruña, no ano 2012. Ademais de artesán, M. Manuel Vázquez Pena, é Técnico Superior en Produción de Madeira e Moble. No seu obradoiro, encárgase de controlar todos os procesos de fabricación, dende a selección de material ata o produto final, garantindo así a produción de instrumentos artesanais.
Dende o 2016, tódolos instrumentos que saen do obradoiro están certificados baixo o rexistro da marca Artesanía de Galicia, que acredita e garante que todas as pezas son artesanais e pasan un estrito control de calidade.