- Inicio /
- Pandeireta de Cerdeira
Rebaixe
Optamos por este sistema de agarre que permite unha mellor suxeición e uso do instrumento, evitando en boa medida a fatiga da man do pandeireteiro/a.
Cosido
Tódolos parches son feitos a medida e cosidos a man con fío encerado.
Pasadores
As ferreñas son suxeitadas por pasadores de aceiro para aguantar o rozamento continuo das mesmas.
Gravado
Realizamos todo tipo de gravados, ben sexan nomes, debuxos, logotipos, etc. Dándolle a túa pandeireta unha aparencia máis persoal e orixinal.
Temperado
Ferreñas de cor negro que ademais de modificar o seu aspecto visual tamén modifican o seu son.