A nosa variedade de medidas e número de pares de ferreñas permítenos conseguir un instrumento con maior ou menor volume de son.
Os diferentes espesores e materiais nos que fabricamos as ferreñas permítennos conseguir unha ampla variedade de sons.
As nosas pandeiretas caracterízanse pola súa ergonomía e lixeireza.
Manels
Tódolos instrumentos elaborados no noso obradoiro levan como sinal de identidade o cuño coa nosa marca.
Parche
Pel de cabra calibrada, libre de defectos e de carácter uniforme.
Tinguido
Este modelo de freixo pode ser tinguido en diferentes tonalidades e cores. Tódalas tintas utilizadas son de base a auga e libres de contaminantes.
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada según a sua navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Máis informaciónOk