- Inicio /
- Pandeireta de Nogueira
Quince Ferreñas
Dispoñemos dun amplo catálogo de medidas, que abarca dende a máis pequena (3 ferreñas) ata a máis grande (15 ferreñas) adaptándonos así ao gusto do cliente.
Temperado
Ferreñas de cor negro que ademais de modificar o seu aspecto visual tamén modifican o seu son.
Para os cativos
O modelo máis pequeno do que dispoñemos é o de 3 ferreñas co que os máis cativos se poderán iniciar no mundo da pandeireta.
Personalización
Claro exemplo do nivel de personalización que podemos acadar a través de diferentes técnicas de gravado, tanto en madeira como en pel.