A nosa variedade de medidas dende 3 pares a 15 pares permítenos conseguir un instrumento con maior ou menor volume de son.
Os diferentes espesores e materiais nos que fabricamos as ferreñas permítennos conseguir unha ampla variedade de sons.
As nosas pandeiretas caracterízanse pola súa ergonomía e lixeireza.
Cosido
Tódolos parches son feitos a medida e cosidos a man con fío encerado.
Ferreñas
As ferreñas son troqueladas en folla de lata, dispoñemos de diferentes espesores dependendo do son que se queira conseguir.
Unión
O método que utilizamos para o encolado das pandeiretas consiste na unión a tope con peza interior suplementada.
Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada según a sua navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Máis informaciónOk